O Concello de Lugo presenta as actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou este luns no Salón de Plenos as actividades organizadas polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra da Violencia de Xénero, que terán lugar dende mañá martes ata o 28 de novembro. González Abelleira destacou que “a violencia de xénero é a manifestación máis evidente da desigualdade de xénero e supón a máis grave violación dos dereitos humanos das mulleres”. A Concelleira subliñou “a obriga de todas as Administracións Públicas para previr a violencia contra a muller e erradicar o terrorismo machista”.

“Coa organización destas actividades queremos berrar moi alto un ano máis que estamos en contra da violiencia machista, unha lacra da que foron vítimas nos últimos 15 anos 1.028 mulleres en toda España, e 56 en toda Galicia”, asegurou a edil.  No que se refire a este ano, xa foron 48 as mulleres asasinadas a mans das súas parella ou ex parellas, seis delas en Galicia. A Concelleira tamén fixo un chamamento á poboación para loitar contra a violencia de xénero ao tempo que denunciou os recortes dos recursos públicos xerais, nos dereitos sexuais, nos dereitos reprodutivos, nos da interrupción voluntaria do embarazado e nos recursos especializados contra a violencia de xénero.

As actividades arrancarán mañá martes, ás 18:00 horas cunha táboa redonda no salón de actos do IES Lucus Augusti titulada Educación e prevención en contra da violencia de xénero:unha materia pendente. Experiencias dende o ámbito loca, a cargo da orientadora deste centro educativo e da pedagoga da Casa da Muller, Carmen Díaz e Belén Regueiro, respectivamente.

O 25 de novembro terá lugar unha ofenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia machista ás 12:30 horas na praza de Santo Domingo, onde se lerá un manifesto en contra da violencia de xénero e onde actuará a Banda Municipal de Música e Ruth León acompañada do guitarrista David Taboada. Ás 18:00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti terá lugar a táboa redonda A violencia de xénero e a múltiple vulnerabilidade e ás 19:00 horas proxectarase na Casa da Xuventude a película El cuento de Duna, cun coloquio posterior e coa representación do flashmob Break de Chain dos alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti. O día finalizará cun prendido de candeas diante da Casa da Xuventude.

Por último, o xoves 26 de novembro ás 18:00 horas celebrarase a derradeira táboa redonda, Aspectos Xudiciais da Violencia de Xénero.

Asemade os deportistas de Lugo tamén se suman a estes actos e o sábado 28 de novembro ás 19:00 horas, o Club Natación Porta Miñá e o Club Sincro Ourense nadarán na piscina municipal de FRIGSA baixo o lema Móllate contra a violencia de xénero ao tempo que lucirán gorros de cor violeta, a cor característica contra esta violencia.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com