O Concello de Lugo investiga o sistema utilizado na limpeza das pintadas da Catedral

O Partido Popular presentou hoxe unha batería de preguntas ao goberno local para aclarar o método de limpeza que se utilizou onte para borrar as pintadas que apareceron esta fin de semana na Catedral de Lugo. O voceiro Ramón Carballo quere saber que protocolo se seguiu para eliminar as pintadas “ao considerar que hai outros métodos menos agresivos, que teñen en conta a porosidade e características da pedra e contando con que a auga a presión pode ocasionar desgaste no monumento.

Para os populares a aparición destas novas pintadas na Catedral de Lugo “son unha nova oportunidade para abrir o debate da necesidade de instalar medios técnicos e medidas de protección como cámaras de videovixilancia no entorno de  edificios históricos”.

Ante estas aclaracións o titular da área de Medio Ambiente, Álvaro Santos, anunciou que o Concello está a traballar na investigación sobre os produtos e sistemas utilizados na limpeza das pintadas por se os mesmos non foran os máis idóneos para a conservación do patrimonio.

“Sendo o principal obxectivo da actuación a reposición do estado orixinal dos bens danados cos referidos actos vandálicos, estanse a avaliar agora os criterios técnicos empregados polo persoal da adxudicataria na escolla do sistema e dos materiais utilizados así como o alcance das súas consecuencias co fin de poder depurar responsabilidades en caso de que sexa preciso”, advertiron dende o Concello.

Con todo, Santos Ramos aclaraba que a rápida actuación dos servizos de limpeza evitou que a pintura penetrara máis na pedra e, polo tanto, ter que utilizar sistemas máis corrosivor. Unha das cuestións no punto de mira foi o sistema de auga a presión utilizado e que os populares tildaban de “agresivo” ao respecto da porosidade da pedra. O certo é que, en palabras de Álvaro Santos “empregamos auga á menor presión posible e, aínda que se empregue unha lavadora de presión, a lanza se mantén á maior distancia posible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com