O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, anunciou esta mañá a realización de obras de mellora en diferentes instalacións deportivas por un orzamento total de 121.000 euros en colaboración coa Deputación de Lugo.
Díaz Grandío destacou as obras de reposición total do balado perimetral da pista de hockey instalada no polideportivo da Piringalla e que supón a inversión máis grande xa que a que se vai a instalar “é o mellor tipo de balado que hai hoxe no mercado ademais de que non existen máis de vinte en todo o Estado e está homologada pola Federación Internacional”. Asi, os xogadores e membros das escolas deportivas de hockey patinaxe de Lugo van poder contar con ela para este verán.
Outra das melloras será a creación duns accesos aos vestiarios do campo de beisbol de o Ceao dende o campo, que mellorará as condicións deportivas e de uso das instalacións.
Ademais tamén se vai repoñer o aillamento térmico na escaleira da piscina climatizada de Frigsa e a instalación complementaria da zona de rego das pistas Gregorio Pérez Rivera.
Doutra banda, Díaz Grandío presentou o XXV Duatlón Cidade de Lugo.
Díaz Grandío: