Concurso de Polbeiras San Froilan

O Concello de Lugo non modificará as bases de adxudicación das Casetas do San Froilán

O vicevoceiro municipal, Miguel Fernández, asegurou esta mañá que o Concello non cambiará as bases da adxudicación das Casetas e os Caldeiros do Polbo do San Froilán, como propoñía onte a oposición.

Esta afirmación fíxoa tras anunciar que a Xunta de Goberno local declarou esta mañá extinguida e sen efecto a autorización concedida para a instalación das casetas do polbo 1 e 3 para o San Froilan deste ano e dos dous seguintes á empresa adxudicataria, Bruxa Consulting por falta de pagamento en prazo das taxas.

“Todas as decisións que tomou o Concello foron en base aos informes dos servizos técnicos e falábase sobre todo, de solvencia técnica, e facíano na liña da normativa europea de facilitar a competencia”, explicou Fernández esta mañá.

O vicevoceiro asegurou que hai un erro na forma de ver esta adxudicación “como se fora dun contrato xa que é unha autorización dun dominio público” polo que, afirmou, non tería sentido modificar as bases.

O Concello incautará as garantías concedidas e iniciará un novo procedemento de adxudicación. Miguel Fernández quixo deixar craro que non é a primeira vez que ocorre esta situación e que “o Concello aínda está en prazo para iniciar o novo expediente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com