O Concello de Lugo paraliza a rehabilitación do lavadoiro de Crecente

O Concello de Lugo vén de paralizar as obras de rehabilitación do lavadoiro de Crecente, na parroquia de San Pedro de Mera, ao detectar que os traballos se estaban levando a cabo sen a correspondente autorización.

O Goberno local informou hoxe de que unha inspección rutinaria realizada pola Policía Local permitiu comprobar que “os labores – orzamentados en 15.690 euros e contratos pola Xunta de Galicia, tal e como confirmou a empresa adxudicataria e a cartelería instalada no lugar – se estaban executando sen o preceptivo título habilitante”.

No seu informe, os axentes reflicten que no lugar atoparon varios operarios que arranxaban a cuberta da construción, de titularidade municipal, recoñecendo o propio encargado que non tiñen outorgado ningún permiso. Un extremo que se ratificou, novamente, dende a empresa onde trasladan que do único que dispoñen é dun correo electrónico coa aceptación, por parte da Xunta, do orzamento para acometer as tarefas pero sen ningún tipo de autorización que conceda acometelas.

Ante o relatado e, á espera de poder clarificar o sucedido, o Concello procedeu a paralizar temporalmente os traballos co obxectivo de velar pola legalidade dos mesmos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com