O Concello de Lugo vén de informar que, dende esta mesma tarde, os parques infantís e biosaudables da cidade permanecerán pechados ante a alerta sanitaria e o Estado de Alarma decretado polo Presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
O goberno municipal está á espera de saber as novas medidas que decretará esta tarde a Xunta de Galicia co fin de establecer novas medidas ante o Coronavirus.