A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentou o programa de actividades dedicadas ao Entroido, que comezará o xoves 12 de febreiro, e rematará o mércores 18 co tradicional Enterro da Sardiña.
O pregón correrá a cargo de Tareixa Campos acompañada polos membros do grupo Achádego Teatro, o venres ás oito da tarde na Casa Consistorial.
Ademais o sábado 14 haberá unha Feira de Produtos Típicos de Entroido no Mercado de Abastos.
Escoitamos á concelleira: