O Concello de Lugo publica un libro sobre a historia da construción, as sucesivas reformas e o uso futuro do Cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo incorpora ao seu fondo editorial unha obra do profesor Francisco Xabier Louzao Martínez, doutor en Xeografía e Historia pola USC, que relata documentadamente e polo miúdo a historia da construción e as sucesivas reformas do Cuartel de San Fernando mentres cumpriu as súas funcións militares, ademais de abordar o seu uso futuro, dende que ao remate do pasado milenio os grandes cambios organizativos do exército volveron innecesariol o histórico edificio.

O libro O Cuartel de San Fernando de Lugo será presentado o vindeiro xoves, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. Francisco Xabier Louzao é licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago e doutor en Xeografía e Historia pola mesma Universidade, cunha tese sobre pratería sacra da diocese de Lugo, materia sobre a que publicou diversos artigos e libros.

É autor de diversos estudos sobre a arquitectura popular galega, e recentemente do libro Historia de la Arquitectura en Galicia: del Neoclasicismo a la Autarquía. Na actualidade, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com