A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua da Cidade de Lugo, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación que a administración municipal ten preparada para o entroido, e na que o tradicional concurso de disfraces repartirá, entre adultos e nenos nas tres categorías que hai, un total de 7.800 euros.
O Entroido lucense dará o pistoletazo de saída o venres 24 de febreiro co pregón a cargo de Carlos Iglesias Rebolo, titiriteiro e diretor de Hipócrita Teatro, e rematará co enterro da sardiña o día 1 de abril as sete da tarde.
Entre a programación, terá lugar a xa tradicional Feira de Produtos do Entroido que terá lugar o sábado e, por primeira vez, será na carpa que se situará na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do edificio do Concello.
Asemade, o Concello aposta pola música para amenizar as rúas con charangas que se desprazarán por todas as zonas da cidade. Do mesmo xeito, as compañías teatrais Nostrum Cai, Achádego e Nova Escena, farán deste entroido un Entroido Escénico con pezas representadas por todo o centro da cidade, tanto o sábado de entroido a partir das 9 da noite como o luns seguinte en dúas representacións, a primeira ás 20:30 horas e a segundaas 21:30 horas.
Carmen Basadre, quixo enviar unha invitación á participar desta festa na que, segundo dixo, destaca a boa e contundente gastronomía e o pasalo ben e divertirense. Asemade, animou aos lucenses a presentarse ao concurso de disfraces no que outorgarán diversos premios. Ademáis, en cada unha das caterogías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia ou con materiais reciclados.