O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, anunciaron a presencia, un ano máis, da cidade de Lugo na Feira Internacional de Turismo en Madrid, para continuar con ese traballo de difusión turística da cidade. O Alcalde e a Concelleira de Cultura farán a presentación de Lugo como destino turístico o xoves 29 de xaneiro, dirixido aos visitantes da feira.
Baixo o título de La muralla romana de piedra y bytes, vaise dar a coñecer ademais da historia, a gastronomía, as zonas verdes, o rural, e as actividades culturais da cidade, as novas ferramentas dixitais, que se crearon para os museos e que achegan ao espectador ó Lugo romano.
Escoitamos a López Orozco:
Carmen Basadre, destacou os datos divulgados polo INE, no que se reflexa que durante o 2014 o nivel de pernoctacións de turistas nacionais diminuiu nun 3,6%, pero viuse compensado polo incremento de turismo estranxeiro nun 3,8%, o que supón para Lugo un 15% do total de visitantes que recibe.
Escoitámola:
O Alcalde tamén anunciou que durante o ano 2015, o Concello de Lugo será o encargado de presidir a rede de Cidades Catedralicias, formada por 16 cidades españolas e que ata o momento presidia Coria del Rio, en Extremadura.
Escoitámolo: