O Concello de Lugo xa é o único propietario exclusivo da marca Arde Lucus

O Concello de Lugo xa é o único propietario exclusivo da marca Arde Lucus, despois da compra da marca pendente relativo aos produtos textis, e que estaban en mans dunha empresa privada.
O Concello chegou a un acordo con dita empresa por importe de 21.755 euros, e a cambio quedase con todos os dereitos en exclusiva e indefinidamente da marca.
Froito desa negociación, tamén se chegou ao acordo de que a empresa desiste de calquera tipo de acción xudicial, e dunha reclamación económica que fixera por importe de 200.000 euros.
Escoitamos á concelleira de Cultura, Carmen Basadre:


Doutra banda, a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou dos avances das obras da 2º fase de rehabilitación da Praza de Abastos. Esta semana comunicaráselles aos postos que terán que ser trasladados a súa nova ubicación durante as obras e finalmente só serán 9 dos 66 que hai os que se terán que cambiar, asumindo o Concello o custe dos mesmos.
Escoitámola:

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com