O Concello de Mondoñedo abre mañá as piscinas municipais

O Concello de Mondoñedo inaugura mañá a tempada estival de apertura das piscinas municipais, en cuxas infraestruturas o Goberno local realizou actuacións de mantemento e mellora nos últimos meses, como son a renovación dunha meirande parte das plaquetas ou o cambio das rejillas das piscinas. O edil de deportes, Manuel Tapia Rivera, informou de que o horario de apertura será de 12.00 a 20.00 horas, ata o próximo 31 de agosto.

A inauguración iníciase cunha xornada para os máis pequenos da casa que xa sexan socios, xa que durante mañá domingo, entre 12.00 e 13.30 horas poderán desfrutar de xogos en contacto cos instalacións, preparados polos monitores das escolas deportivas de acordo ás distintas idades.

Manuel Tapia tamén explicou que dende a Delegación de Deportes xa se están a preparar os cursos de natación, onde xa se inscribiron un número importante de asistentes. Este ano, inclúen como novidade un grupo de xogos para os máis pequenos. Ademais, dende a Delegación de Deportes abriranse novos grupos de natación, de xuntarse máis xente que desexe asistir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com