O Concello de Mondoñedo facilitará a emprendedores o acceso aos locais municipais baleiros

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, avanzou que o Concello que goberna facilitará o acceso aos locais municipais baleiros para aquelas empresas e autónomos que decidan emprender. Con este fin o Goberno local aprobará o vindeiro xoves unha ordenanza na que se regule a contratación deses espazos, que terán un prezo por metro cadrado de 3,5 euros no caso de ter acceso de vía e 2,5 euros sen el.

Inicialmente o goberno local porá en aluguer tres espazos infrautilizados, un deles na Praza de Abastos, outro no quiosco das San Lucas e outro na contorna do concello.

Candia, explicou que se poñen espazos a disposición dos emprendedores, ao tempo que se recada unha cantidade para destinar ao mantemento deses locais, evitando así o seu deterioro. E mesmo “conseguimos atraer actividade ao centro de Mondoñedo, contribuíndo a xerar novos postos de traballo. “Cumprimos un dobre obxectivo, axudamos a aqueles que buscan un local para acometer a súa actividade empresarial e ao mesmo tempo garantimos que eses espazos permanecen en bo estado de conservación”, engadiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com