O Concello de Mondoñedo galardoado co 1º premio Camiños de Santiago

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recolleu hoxe en Santiago o primeiro premio de “Camiños de Santiago” que concede Turismos de Galicia, e que recoñece as iniciativas dos concellos polos que discorren as diversas rutas do Camiño de Santiago. O galardón, sostivo a rexedora, “supón un importante apoio ao traballo que se está a desenvolver desde o Concello”.

O proxecto presentado polo Concello para facerse con este premio recolle os eixos sobre os que pivotan as actuacións promovidas desde a localidade. En concreto catro. Intervencións encamiñadas á protección do patrimonio do Camiño, medidas concretas para a mellora da sostibilidade, iniciativas destinadas aos peregrinos, que supoñan a presentación de novos servizos e actuacións de promoción, divulgación e fomento do coñecemento e do interese cultural e turístico do Camiño.

Patrimonio e sostibilidade

No que se refire á protección do patrimonio, as accións levadas a cabo son varias, como o aseo do casco histórico, a adecuación da Praza da Catedral como un espazo libre de coches, a decoración floral en balcóns. No caso da mellora da sostibilidade apostouse polo roza de fincas particulares e o aseo de inmobles e a limpeza das fincas municipais.

Peregrinos

En canto ás iniciativas destinadas aos camiñantes, destacan o traslado do centro de interpretación do Camiño para achegalo ao albergue municipal de peregrinos, a ampliación dos horarios dos museos artesáns, a elaboración dunha guía do Camiño ao seu paso por Mondoñedo, un programa de voluntariado cultural, acordos con axencias de viaxes, o convenio coa Federación de Espeleoloxía, así como a creación da marca Mondoñedo…mil historias para vivir.

Promoción e divulgación

Por outra banda, tamén se están a desenvolver actuacións de promoción, divulgación e fomento do coñecemento e do interese cultural e turístico do Camiño a través da sinatura dun convenio coa USC, o proxecto da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro e finalmente, a posta en marcha do Museo da Imprenta.

A rexedora de Mondoñedo felicita ademais a todo o equipo que conforma o IES Plurilingüe San Rosendo galardoado na categoría que recoñece os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. “Entre todos faremos de Mondoñedo un lugar único para vivir e máxico para visitar”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com