O Concello de Mondoñedo participará no IV Forum de Cidades e Territorios Creativos de España

O Concello de Mondoñedo participará no IV Forum de Cidades e Territorios Creativos de España, que se levará a cabo do 10 ao 12 de novembro en Málaga, coa presentación á convocatoria dun proxecto para poñer en valor o patrimonio histórico, turístico e cultural da cidade mindoniense.

A alcaldesa, Elena Candia, avanzou que eses días tamén participará “nunha reunión da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España”. Candia precisou que con esta iniciativa, que nace baixo o nome de Retinae, “preténdese poñer as novas tecnoloxías ao servizo da cultura e o turismo da localidade, resaltando dunha forma rechamante e innovadora o seu patrimonio histórico e facendo así máis atractivo o seu turismo”.

Candia sinalou que o proxecto se levou a cabo en convenio con varias institucións e conta co valor engadido de que os contidos foron supervisados por autoridades científicas, universitarias e académicas, dotándolle así dunha información de calidade. “O equipo do proxecto está formado por profesionais de diferentes sectores como: o asesoramento xurídico e legal, comunicólogos, deseño e impresión 3D, informática, marketing digital ou pilotos de drons”, puntualizou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com