O Concello de Mondoñedo recorda a Cunqueiro no 36 cabodano do seu pasamento

O Goberno local do Concello de Mondoñedo recordará ao escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981) no 36 aniversario do seu pasamento. Dende o Goberno local programan unha serie de actividades que se celebrarán o venres 3 de marzo.

A xornada conmemorativa do falecemento do escritor mindoniense dará comezo ás 11:00 horas coa recepción oficial por parte da alcaldesa, a popular ElenaCandia, na Casa do Concello de Mondoñedo, na que están invitadas a participar as asociacións culturais e sociais da localidade, e á que tamén teñen xa confirmada a súa asistencia o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o tenente de alcalde de Ferrol, José Álvaro Montes.

Ás 11:15 horas farase unha ofrenda floral ante a tumba do escritor no Cemiterio Vello da localidade. Acto seguido, ás 11:45 horas entregarase no Auditorio Pascual Veiga a distinción ‘CunqueirianoEmeritus’ a D. Francisco Cal Pardo, presidente da empresa Leadair S.L.

Unha vez rematado este acto de nomeamento, sobre ás 12:15 horas, dará comezo, tamén no auditorio coa participación de alumnos do CEIP Álvaro Cunqueiro e do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, un maratón de lectura pública da novela de Cunqueiro escrita en 1971, ‘Os Outros Feirantes’. Xa ao remate, sobre as 13.00 horas, terá lugar a actuación dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música o Pallarego de Mondoñedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com