O Concello de Ribadeo envíalle ao Presidente da Xunta o acordo do pleno sobre As Catedrais

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, remitiulle ao presidente da Xunta o acordo aprobado onte á noite no pleno extraordinario celebrado no Concello. O rexedor quere facerlle chegar a profunda preocupación que existe en Ribadeo pola aplicación dese plan de conservación do monumento natural na praia das Catedrais.

O rexedor dixo que “lamentablemente a día de hoxe é unha fonda preocupación a que temos aquí, en Ribadeo, pola posta en marcha destas medidas que a Xunta quere levar adiante a partir do día 1 de xullo, dentro de catro días practicamente, sen atender ao clamor popular, social, económico e medioambiental que está habendo na sociedade ribadense”.

Suárez Barcia indicou que “con todo é unha esperanza o posicionamento deste pleno extraordinario e urxente, que foi convocado a pesar de non estar a Corporación aínda coa sesión de organización en funcionamento. O alcalde manifestou tamén que de aplicarse estas medidas, terían un impacto moi negativo na economía da zona.

Pola súa banda, os socialistas de Ribadeo apoiaron só o primeiro punto do manifesto “As Catedrais, unha oportunidade para o desenvolvemento sustentable”, a traveso do cal se solicita á Xunta de Galicia a suspensión inmediata dos efectos do Plan de Conservación deste Monumento Natural, no tocante as medidas previstas a implantar desde o 1 de xullo de 2015, en tanto non exista o consenso necesario entre as administración públicas implicadas.

Deste xeito, tal e como explica o concelleiro –David Fernández Feijoo-, abstivéronse, xa que os dous puntos non se votaron por separado, pois “entendemos que o primordial é a seguridade das persoas que visitan o Monumento, a preservación e conservación do mesmo e o beneficio económico que se poida acadar para os diferentes sectores do noso concello, en especial o terciario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com