O vindeiro domingo, 2 de agosto, tería que celebrarse a tradicional Xira a Santa Cruz, que foi cancelada por mor do Covid-19, ante a posibilidade de que moitos veciños queiran achegarse ao lugar, o Concello de Ribadeo quixo poñer en coñecemento da veciñanza unha seríe de pautas a seguir para cumprir a normativa vixente.
No Bando dise que “en ningún momento se pretende prohibir o acceso ao Monte de Santa Cruz, iso sí, como medida preventiva e ante posibles aglomeracións recoméndase non facelo”.
No Bando engádese que “quen acuda ao Monte de Santa Cruz o 2 de agosto, como non podería ser doutra forma, debería cumprir estritamente cos todas as normas sanitarias vixentes en canso ao uso de máscara, número de persoas por grupo, distanciamento social, etc. Ante a excepcionalidade da situación, aumentarase o control e vixilancia polas autoridades da orde pública ao longo de toda a xornada”.
E engade: “faise especial fincapé en que os botellóns están prohobidos pola Consellería de Sanidade”.