O Concello de Vilalba apoia aos traballadores da térmica de As Pontes

O Goberno Municipal de Vilalba ven de emitir un comunicado no que apoia ás traballadoras e traballadores afectados polo paro da central térmica da Pontes “sumámonos as reivindicacións dos traballado afectados polo cese da actividade da central pontesa. Xa van case cinco meses, polo que entre outras accións, polo que, o pasado luns comezaron un encerro no consistorio”-

O Comunicado segue” logo da xunta de voceiros da corporación vilalbesa,  trasladamos con unanimidade a petición de solucións  que garantan unha transición xusta e o mantemento dos postos de traballo”.

A corporación na súa totalidade, pedimos á cidadanía  que se sume ao calendario de mobilizacións establecidas froito do acordo co comité de crise xa que nos afecta a toda a sociedade vilalbesa. Os traballadores necesitan neste momento delicado o maior dos respaldos, tanto das institucións como da veciñanza para que se leven a bo termino as súas peticións. Remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com