O Concello de Vilalba pon sobre a mesa a necesidade de aplicar un plan de dinamización do tecido económico de Vilalba para “afrontar a crise derivada da epidemia do COVID-19.
O proxecto que están a estudar desde o goberno local está orientado a mellorar a competitividade das empresas mediante a realización dunha dia-gnose de situación, a capacitación e o apoio a promo- cións e comercialización de produtos e servizos”.
Neste marco, o equipo de goberno porá en marcha medidas que “apoien a reconstrución económica para paliar e soluciponar as consecuencias do coronavirus”, afirman, a través “dunha estratexia que permita reforzar e relanzar o tecido económico cunha especial atención aos pequenos produtores e subministradores de produtos de proximidade e mercados. Este sector vese especialmente afectado pola situación actual, de xeito que o Concello deseñará este plan co obxectivo de desenvolver accións encamiñadas a facer menos complexa a situación actual e dotar de ferramentas ás empresas, negocios, comercios, etc . para afrontar o período “post-Covid”.
O goberno local prevé avanzar neste proxecto as vindeiras semanas “porque así o require a situación, pois coñecemos a dificultade que están a atravesar moitas das empresas e familias de Vilalba”, aseguran, garantindo que “traballaremos para tratar de minimizar o impacto da crise desde as nosas competencias na materia e remando todos na mesma dirección”.