O Concello de Vilalba organizará un Campamento de Nadal infantil para favorecer a conciliación familiar

O Concello de Vilalba organiza o Campamento Urbano de Nadal do 26 de decembro ao 5 de  xaneiro. Contará con 40 prazas e terá lugar no pavillón do CEIP Mato Vizoso de 08:00 a 15:00 horas. Neste campamento os pequenos levarán a cabo diferentes actividades, con tempo para o deporte, obradoiros ou hinchables.

A convocatoria vai dirixida á poboación infantil con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos (nados entre o 2018 e 2011). No caso de existir máis solicitudes que prazas ofertadas, terán preferencia os empadroados no Concello de Vilalba e aqueles con proxenitores ou titores legais en período non vacacional.

O prazo de inscrición remata o 11 de decembro, a través da sede electrónica do Concello de Vilalba ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vilalba en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com