O Concello de Vilalba prorroga o período no que está permitido ampliar as terrazas

O Concello de Vilalba ampliará o período no que as terrazas de hostalaría do municipio poden dispoñer de máis espazo na vía pública para aumentar a súa capacidade. O prazo remataba o 31 de decembro pero o concello concretará cos representantes do sector a ampliación do mesmo, co obxectivo de axudar aos establecementos de hostalaría, moi perxudicados pola pandemia do coronavirus.

“Temos que facer todo o posible para axudar ao sector respectando por suposto os espazos públicos para os peóns, a tempada de Nadal é fundamental para a hostalaría e o comercio”, asegura Rodrigo Pavón, tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Relación coa Veciñanza e Servizos.

Ademais, o concello convocará aos representantes da hostalaría a unha reunión nos próximos días para estudar que medidas se poden adoptar durante os meses de inverno para adaptar e continuar coas terrazas e os espazos exteriores nos locais. Estas iniciativas únense a outras como a suspensión da taxa que pagan os locais polas terrazas, que tampouco abonarán durante o ano 2021.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com