O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron hoxe a Casa da Muller e defenderon o servizo que presta o Concello de Lugo ante as críticas vertidas polo Partido Popular .
O persoal da Casa da Muller fixo público un comunicado no que lamenta “a utilización e criminalización pública da Casa da Muller”.
Escoitamos a López Orozco:
Doutra banda, López Orozco, e a Concelleira de Educación, Esther Muñoz, despediron hoxe a 20 mozos que farán prácticas en empresas de Austria, Italia e Reino Unido, grazas ao programa Lugoquálitas 3, que financian o Concello de Lugo e a Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci. O presuposto do proxecto é de case 124.000 euros.
Os 20 mozos, con distintas titulacións, sobre todo en enxeñerías e empresariais, viaxarán este venres a Florencia, Viena e Belfast onde permanecerán ata o 9 de maio.
O Alcalde e a Concelleira de Educación, tamén visitaron aos participantes nunhas xornadas sobre Marketing Dixital que se desenvolve hoxe e mañá no CEI, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias.
Nel participan 70 empresarios, emprendedores e tamén alumnos das accións formativas de Lugo Emprego Activo 2.
Escoitamos a López Orozco: