O Concello defenderá no Pleno unha proposición para garantir o futuro do Campus Terra

O Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición co obxectivo de garantir o futuro do Campus Terra conservando a súa actual oferta educativa e o seu tarscendental labor de investigación.

A proposta solicita á Xunta de Galicia revisar o Decreto 222/2011, polo que se establece o alumnado mínimo por grao universitario como criterio para asegurar a súa viabilidade, “por non adecuarse á realidade galega e polas múltiples implicacións negativas que, a nivel social, económico e cientifico, ten esta norma para Lugo e, por extensión, para toda a Galicia rural”, sinalan dende o Concello.

Así mesmo, o texto insta á USC a considerar, de xeito obxectivo, a especialización do Campus Terra como un valor competitivo diferencial na súa toma de decisións, especialmente ante unha posible reconfiguración do seu mapa de titulacións.

“Os criterios para definir a viabilidade dunha titulación non poden establecerse unicamente polo numero de alumnos e alumnas matriculados, senón polo rendemento que as persoas con titulación nestes graos aportan ao territorio. Neste sentido, a vinculación do Campus Terra con Lugo, onde a agricultura, a gandería, o sector forestal e os diferentes procesos do sistema agroalimentario teñen un peso capital no sistema productivo, están sobradamente acreditados”, sinalou a alcaldesa de Lugo.

“A comunidade universitaria, desde o colectivo de docentes ata as agrupacións estudiantís, coinciden en afirmar que este decreto non se adecúa á realidade social galega, xa que aspectos claves como o balance demográfico, a internacionalización da formación universitaria ou o actual contexto económico e social non foron tidos en conta no seu proceso de redacción. É, por si mesmo, este argumento, o da obsolescencia lexislativa, motivo suficiente para que o Goberno autonómico revise o decreto e o reitorado reevalue a súa decisión”, concluíu a alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com