O Concello destina 70.000 euros ao subministro de rego asfáltico

A Xunta de Goberno acordou iniciar o proceso de contratación da subministración de rego asfáltico para o mantemento de toda a rede de camiños municipais nas 54 parroquias lucenses, un contrato ao que o Concello destina 70.000 euros. O voceiro municipal, Miguel Fernández, lembrou que “a brigada da zona rural do Concello efectúa traballos de mantemento e conservación das pistas de titularidade municipal, sendo necesario en numerosas ocasións executar tratamentos superficiais con grava ou rego asfáltico, para o que é preciso dispor de emulsión bituminosa”. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobou o prego de prescricións técnicas e de claúsulas administrativas particulares, así como o gasto de 70.000 euros e a adxudicación por procedemento aberto.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no perfil do contratante do Concello de Lugo. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com