O Concello do Incio aproba uns orzamentos para o 2021 que ascenden a 1.319.454 euros

O Concello do Incio vén de aprobar no seu primeiro pleno telemático (4 participaron en liña e 5 desde a Casa Consistorial) celebrado hoxe os Presupostos municipais para o ano 2021 que ascenden a 1.319.454 euros. As contas obtiveron os votos a favor do equipo de Goberno, do PP, e a abstención do PSdeG-PSOE.

A esta contía aprobada hoxe haberá que sumarlle a achega do Plan Único da Deputación de Lugo, que ascende a 291.000 euros. Unha vez se incorpore esta cantidade, o Goberno local destinará a investimentos preto de 220.000 euros do Plan.

As contas aprobadas hoxe destinan 30.000 euros a inversión para obras de reparación. A este investimento sumarase unha partida de 37.720 euros procedentes do Plan Único para obras, aos que hai que sumar preto de 25.000 euros máis de actuacións que serán cofinanciadas pola Xunta de Galicia.

Engádese tamén unha partida municipal de 9.900 euros ao Plan de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia, que hoxe mesmo publica o DOG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com