O Concello do Incio programa o concerto ‘Mozart á galega’ interpretado por Atlantic Mozart Flute Quartets

O Concello do Incio programa un concerto de Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio para o vindeiro sábado día 5 de xuño ás 20:00 horas.

A actuación baixo o título ‘Mozart á galega’ consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A. Mozart con temas tradicionais galegos.

Este recital será previo a gravación na mesma igrexa dun disco que será publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia: O xenio da cidade de sal

O concerto, que terá unha hora de duración, será de entrada libre ata completar o aforo, que se axustará á normativa sanitaria en vigor nese momento. A Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está formada por:

Luis Soto: Frauta Travesa.
David García: Violín
Ioana Ciobotaru: Viola
Millán Abeledo: Violoncello

O recital será interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX. Para máis información: www.mozartagalega.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com