O Concello e a Confederación asinan un protocolo para desbloquear o Plan Paradai

A alcaldesa de Lugo,  e o presidente da Confederación Hidrográfica do Río Miño-Sil,  asinaron un protocolo que desbloqueará ao Plan Paradai e permitirá que se poida avanzar cara a súa finalización 21 anos despois de que Concello lucense e a Xunta de Galicia asinasen o convenio co fin de unir os barrios de Paradai e As Gándaras.

Coa sinatura , a administración local e a Confederación Hidrográfica acordan investir 650.000 euros nunha actuación que reducirá o risco de inundación do río Rato en situación límite na contorna da glorieta da rúa de Serra de Meira. Desta maneira, dase unha solución aos problemas da rotonda que une Serra de Meira co vial da ponte de Paradai, obra que foi executada no 2015 pola Xunta de Galicia sen autorización e que a Confederación paralizou por non ser legalizable.

José Antonio Quiroga avanzou que tras a firma do protocolo, ambas as dúas administración se volverán a xuntar nun prazo de tres meses máximo para a sinatura do convenio xa cos detalles concretos do proxecto. “Hoxe formalizamos de novo o noso compromiso coa cidade de Lugo nunha actuación moi importante”, comentou o presidente da Confederación.

Por outra banda a delegación territorial da Xunta en Lugo lamentou que o Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) anuncien a sinatura dun protocolo “que o único que fai é demorar en anos a resolución e desbloqueo do Plan Paradai, que leva anos paralizado pola falta de entendemento entre Concello e Goberno central”.

Desde a administración autonómica insisten en que “o protocolo anunciado polo Goberno local e a CHMS non resolve o problema e vén demostrar que era certo o que sempre defendeu a Xunta: que era a falta de entendemento entre ambas as administracións –local e central- sobre o PXOM o que impide que se teña avanzado máis neste proxecto”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com