O Concello e Adif poderían asinar en xaneiro o protocolo da Intermodal

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de reunirse coa presidenta de Adif, Isabel Pardo, para achegar posturas en relación coa estación Intermodal da cidade. Tras o encontro, Méndez resaltou os avances realizados e cos que, dixo, “se corrixen as desigualdades sufridas polos lucenses”, ao comezar, nesta xuntanza, a “falar de prazos”. Uns prazos que, asegundo avanzou a rexedora “posiblemente en xaneiro poderíamos estar en situación de asinar o protocolo xa cun anteproxecto xa rematado”.

A rexedora asegurou estar “satisfeita” co compromiso de Adif, quen deu opcións de licitación a partir da sinatura do protocolo. “Tiñamos unha desvantaxe con respecto a outras capitais galegas das que estabamos nun segundo plano e hoxe estamos a nivel doutras cidades para seguir falando de intermodalidade”, concluíu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com