A Xunta de Goberno deste mércores aprobou o proxecto de ordenanzas fiscais para o 2017. Entre as modificacións que contempla este proxecto destaca, no que se relaciona ao imposto de construción, desaparece a bonificación do 50% que se aplicaba ás edificacións das naves no polígono das Gándaras e trasládase a obras gandeiras, agrícolas e forestais. En canto ao IBI, fíxase en 40.000 euros os ingresos da unidade familiar como límite para poder acceder á bonificación por familia numerosa. No que se refire ao aproveitamento especial de vía pública con terrazas, en categoría primeira, a bonificación pasa do 60 ao 65%, e para as grúas o 25 ao 30%, co fin de aproximala á media galega.
No que se refire a instalacións culturais, redúcese a taxa polo uso do auditorio, ofrecendo 2 alternativas, con infraestrutura, 500 euros, e sen infraestrutura, de 200. Así mesmo, rebáixase o prezo das entradas da rede de museos municipais. Pasa de 3 a 2 euros a entrada xeral, e a reducida, de 2 a 1, incluíndose ademais o Museo Interactivo da Historia de Lugo.
En relación ao cemiterio, engádese nas ordenanzas a taxa por columbarios no Xardín dos Arumes, fixándose o prezo da concesión para 5 anos en 140,95 euros. Tamén hai cambios no imposto de vehículos, para os de mais de 20 CF.
Os cambios inclúen ademais a reforma da facturación electrónica, non admitindo o Concello facturas en papel a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2017.