O Concello esíxelle a Goberno Central e Xunta que garantan a recollida do leite e a súa venda en condicións dignas

O equipo de goberno defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que esixirá ao Goberno do Estado e á Xunta que modifique o decreto que desenvolve o paquete lácteo e elabore un plan coas comunidades autónomas para a recollida e posterior venda da produción leiteira en condicións dignas.

Así o anunciou este luns o voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, durante unha visita á explotación luguesa Casa Taberneira, unha das 3 mellores do municipio en canto a produción. O edil coñeceu as instalación da man dun dos seus gandeiros, Marcelino Pita.

“Foi Feijóo quen presumía dunha suposta subida dos prezos do leite coa desaparación das cotas lácteas, sen embargo a realidade é que os nosos gandeiros venden ao prezo máis barato de España, sendo uns dos maiores produtores”, destacou Fernández, quen lembrou que o Concello fretou un autobús para asistir a dita concentración.

“A Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen a obriga de implementar solucións políticas para un problema político”, subliñou o Concelleiro, quen lle demandou a ambas institucións que, “sen demora e con urxencia implanten solucións políticas para este problema político”, garantan a recollida do leite, establezan uns prezos xustos de orixe que permitan unha vida digna, fixen uns contatros estables cun mínimos de duración de dous anos e propicien a obrigatoriedade da figura do mediador.

No Concello de Lugo esisten máis de 200 explotacións de vacún de leite, que dan emprego directo a unhas 500 persoas e que xeran empregos indirectos para un número bastante superior. “Se morre o sector lácteo, morre o rural”, aseverou o Concelleiro, ao tempo que destacou o peso da producción do leite no desenvolvemento do Concello e na pervivencia da vida na súa zona rural. “A pasividade do Goberno Central e da Xunta ante a desaparición das cotas e en canto á aplicación efectiva do paquete lácteo abocaron ás explotación de leite a unha situación insostible, moi crítica e dramática a nivel familiar”, subliñou o edil.

Neste senso, incidiu o gandeiro Marcelino Pita, quen lamentou que “en case 30 anos que levamos traballando con vacas leiteiras, é o peor momento que estamos pasando”, pois non cubren gastos. Tamén denunciou “o ataque que sofren os gandeiros, pois non soamente se reduciron os prezos do leite, senón que se aumentou o custe da luz, do gasóleo, dos concentrados ou dos medicamentos, elementos que se empregan a diario nunha explotación. Se isto dura moito máis, non augantaremos, non queda máis remedio que pechar”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com