O Concello estrea cambios na ordenación do tráfico, a peonalización da Mosquera e as novas liñas de bus

“Un día histórico para a cidade de Lugo”. Así o definiu o tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, esta mañá, na que non só entraban en funcionamento as novas liñas de transporte público da cidade senón que tamen estreaba Lugo un cambio na ordenación do tráfico das rúas máis próximas ao casco histórico para dar comezo á peonalización da Mosquera.

O tenente de alcaldesa realizou unha viaxe en bus esta mañá para destacar que Lugo pasa hoxe polo cambio na mobilidade máis grande dos últimos anos. Así, hoxe entraron en funcionamento as liñas que reforzarán as conexións entre os distintos barrios e o centro da cidade, cunha frecuencia de 30 minutos nos barrios, e 10 minutos no eixo norte-sur da cidade, onde se atopa a maior parte da poboación.

Ademais, mellórase a conexión co HULA, que gañará conexións con Fontiñas, a zona sur e a avenida das Américas, o que permitirá que a maior parte da veciñanza de Lugo teña acceso ao hospital. 

O Executivo prevé, asemade, que a peonalización da Mosqueira conte cun prazo de realización de 8 meses, traballos dos que resultará unha nova praza con zonas verdes e espazo para actividades culturais e de ocio.

urante esta noite, púxose en marcha a modificación de tráfico na contorna da Mosqueira xunto co cambio da sinalización horizontal. Arroxo destacou que “este cambio permitirá gañar sobre 100 prazas de estacionamento próximas ao centro”.

Os cambios de tráfico entraron en funcionamento esta mañá, afectando á praza Xaquín Lorenzo “Xocas”, e os seus entronques con Rodríguez Mourelo e rúa Vilalba, ademais da avenida Ramón Ferreiro, Salvador de Madariaga, praza de Bretaña, rúa Dinán, rúa Galiza, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Aviador Parga Cerezo, rúa Cidade de Vigo, praza da Constitución, rúa Anxo López Pérez, rúa Hermanitas e rúa San Roque.

O Tenente Alcalde afirmou que “malia que á primeira hora da mañá atopamos as retencións habituais tendo en conta a magnitude dos cambios, agora mesmo o tráfico está a circular de xeito fluído, cumprindo coas previsións calculadas durante a realización do plan de tráfico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com