O concello estudará a resolución que obriga a retirar o dique do río Miño

O alcaldesa de Lugo,  Lara Méndez sinalou que o concello estudará coa axuda de técnicos a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ordena retirar o dique do Río Miño e lle impón ao concello unha multa de 180.000 euros.

Segundo Méndez, o concello non foi quen aprobou o proxecto e só se limitou a dar “a licenza oportuna e pertinente”, polo que acora toca estudar a resolución e “tomar unha decisión”, sempre coa intención de “velar polo interese dos veciños e ser respectuoso co medio ambiente”.

Dita resolución chega tralas reclamacións presentadas pola organización ecoloxista Adega contra esta infraestrutura. As agrupacións denunciaron que o dique foi realizado sen autorización da Confederación e en contra da correspondente declaración de impacto ambiental.

A resolución, malia que contempla unha sanción de 180.000 euros para o concello, exime a empresa constructora Inca. Algo que para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez resulta “chocante” xa que, entende, non foi o concello quen non se adaptou ao proxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com