O Concello executa o 96% dos proxectos con gasto comprometido nos orzamentos de 2018

“Son unhas contas saneadas, cun balance positivo e un Concello solvente”, así resumía esta mañá a rexedora lucense, Lara Méndez a Conta Xeral de 2018 na que se reflicte, segundo explicou, “unha situación de suficiencia fiinanciera da administración local”.

A rexedora da cidade comparecía esta mañá xunto a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, para trasladar as conclusións máis relevantes da contabilidade municipal durante o pasado exercicio.

“Unha delas é que se comprometeu case o 70% (68’64%) do orzamento total habilitado para ese ano (108.575.528’59€) e iso, a pesares de entrar en vigor en abril despois de pór o meu cargo a disposición da Corporación cunha cuestión de confianza para solventar o bloqueo político que impedía a aprobación dos orzamentos, que a oposición non apoiou”. “Esta circunstancia mingou o tempo efectivo de execución das partidas, o que debe levar a unha reflexión sobre as responsabilidade de cada quen”, lembrou Lara Méndez.

A alcaldesa subliñou ademáis que o Concello continúa “con débeda cero”, acadada en 2017.  “Nestes momentos non temos ningún préstamo pendente con entidades alcanzan para sufragar os gastos que atendemos, o que apunta á nosa autonomía e nos permite incluso manter un superávit por habitante de 246,71 euros”.

Nese mesmo senso, Lara Méndez achegou outras variables patrimoniais nas que a institución “goza de gran credibilidade” como é a solvencia a curto prazo, que se sitúa no 378’51% ou a liquidez inmediata, calculada no 168’51%. O que significa que o período medio de pago a proveedores baixou ata os 15,8 días, segundo explicou a rexedora.

En canto aos ingresos que percibe a administración local, a edil de Economía explicou que a previsión da recadación tributaria que se estimou axustouse nun 91’7% aos ingresos obtidos, arroxando un total de 86.057.002’28€ en dereitos recoñecidos.

“Destes, só o 17% quedou pendente de cobro a 31 de decembro, na súa maioría cantidades provintes de subvencións doutras entidades como o Fondo Complementario de Financiación (do que restaban 1.389.600’69€), así como unha pequena parte da participación en tributos da Comunidade Autónoma ou do pagamento de recibos como, por exemplo, o da auga vencellada ás datas de emisión do padrón correspondente”, abondou Paula Alvarellos.

Precisamente, en canto ás taxas municipais, a edil facilitaba as cantidades dos impostos máis cuantiosos para as arcas locais como pode ser o IBI (19.638.858’41€), a Rodaxe (4.779.926’87) ou o IAE (3.346.703’45€) e tamén as máis simbólicas que foron os gravames dos quioscos e venda de publicacións, que supuxeron 146’99€ e 364€, respectivamente.

Tamén en 2018, o Concello recibiu 7.049.443’12€ en subvencións, as máis destacadas, procedentes do Fondo de Cooperación Local (2.846.847’60€), as aportacións do Feder (400.175’80€), a achega do Igape para a rede de Biomasa instalada en Frigsa (571.945’74€) así como a procedente do Fondo Complementario de Financiación (736.047€) e, pola súa banda, o Concello outourgou axudas por valor de 4.674.650’36 € no ámbito do asociacionismo, os Servizos Sociais, a cultura e o deporte, entre outros.

Executouse máis do 95% dos proxectos con gasto comprometido

Pero se cadra, un dos datos máis significativos para este equipo de goberno é o do gasto por habitante que este Concello fixo en 2018 – manifestou a alcaldesa. O máis sinxelo, entendemos que por un descoñecemento absoluto de quen así o traslada, é asimilar esta cantidade ao termo que figura como inversión. Porque así foi como ocurriu hai algunhas semanas cando se dixo que esa cifra era de 38’68 euros por persoa. Non é verdade. Neses 38’68€ só se inclúe a parte que lle correspondería a cada veciña ou veciño das obras e infraestruturas que se construíron ese ano, e que non foron poucas”.

Lara Méndez mencionaba neste senso o ascensor de Fontiñas e as melloras da accesibilidade en San Roque, os estacionamentos disuasorios e o aparcadoiro do Hula, a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña, a peonalización da Praza da Milagrosa, a reurbanización de Torre de Doncos, a pavimentación de varias rúas no polígono do Ceao así como doutras moitas estradas do municipio…

“Proxectos que, por certo, sumaron un total de 31.118.830 euros de gasto comprometido e que se efectivizaron nun 95’84%”, engadiu. “Cando falamos do que este Concello investiu en cada lucense, incluíndo os servizos que se prestan, o importe ascende a case 700 euros por habitante. Un 1.764% máis do que algún quixo facer ver”.

Así, a rexedora debullou que, durante 2018, se gastaron 7.659.250’76 euros en seguridade cidadá; 3.097.843’06 no abastecemento domiciliario de auga potable; 8.876.760’34€ entre a recollida de residuos (6.254.208’98 €) e o seu tratamento (2.622.551’36€); 2.858.806’72€ en iluminación pública urbana ou 1.522.654’20€ en parques e xardíns.

Novas relacionadas

  1. @Donatelo
    Nov 11, 2019 - 03:23 PM

    Vayaaaa eso sí que es nuevo en el concello….pero visto lo visto más mentiras del @PsoeLugo el probl… https://t.co/Gpumc0lNVB

    Reply
  2. Carmen ortiz
    Nov 11, 2019 - 02:02 PM

    Que risa!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com