O Concello de Lugo executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros. Así o deu a coñecer a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen subliñou que se procedeu á reparación de raxaduras e deterioro existentes nos tellados de dous módulos de nichos da sección nº27 e dun módulo da sección número 31, cun orzamento de preto de 48.400 euros.
Ademais, levouse a cabo a rehabilitación de cunetas, canos e salva-pasos nos viais interiores, por valor de 19.000 euros, e procedeuse á rexeneración de firme asfáltico de viais interiores do cemiterio, unhas tarefas que contaron cun importe de 58.700 euros.
Asemade, Rielo anunciou que está prevista a compra de maquinaria para modernizar e facilitar o sistema de traballo dos sepultureiros