A partir deste luns pódese ver na entrada do consistorio, un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais: ferreiros, carpinteiros ou oleiros forman o Nacemento de pezas de madeira, obra do autor lucense Luis Manuel Santos Dobarro, da parroquia de Tirimol, quen realizou todas as pezas expostas en madeira.
Ademais do portal, conta cunha ferrería, un mesón, carpintería, granxa e olería, entre outros que se irán sumando os vindeiros días.