O Concello habilita no Parque de Frigsa dúas pistas de petanca

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, supervisaron as actuacións desenvolvidas con medios propios do Concello para habilitar dúas pistas de petanca no Parque de Frigsa, atendendo deste xeito unha petición veciñal.

Segundo adiantaron a rexedora e o edil, que estrearon as pistas xunto con varios veciños, esta nova dotación pública “que incrementa a oferta deportiva e de lecer do municipio” estará aberta para toda a cidadanía a partir deste luns, no horario de apertura do propio recinto do parque. O acceso é libre e gratuíto.

As persoas interesadas en utilizala, deben pedir os paquetes de bolas metálicas ao vixiante de seguridade de Frigsa, tamén a custe cero. O Concello complementou os traballos de acondicionamento das pistas de petanca coa colocación dunha marquesiña e un banco para maior comodidade dos usuarios e usuarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com