O Concello habilitará un carril da ronda da Muralla para peóns

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir de mañá se pechará ao tráfico un carril da ronda da Muralla debido ao elevado número de persoas que nestes días están a utilizar a ronda da Muralla para pasear. Segundo Rubén Arroxo, “con esta medida pretendemos facilitar que as persoas que deciden pasear pola ronda poidan manter a distancia de seguridade habilitando un novo paseo peonil de 2.5 km no centro de Lugo”.

“Nestes primeiros días de saídas controladas, a ronda da Muralla foi un dos percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”, declarou Rubén Arroxo, que afirmou que “a peonalización dun carril non producirá conxestión no tráfico debido á redución do tráfico”.

Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e pasear pola beirarrúa dereita”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com