O Concello homenaxea a Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega

O Concello de Lugo editou o libro Epistolario A/ de Xesús Rodríguez López, membro fundador da Academia Galega. A publicación presentouse este mércores no Salón de Plenos do Concello nun acto ao que asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador de publicacións da entidade local, Darío Xohán Cabana, e o propio autor do libro, Manuel Calvo.

Durante a presentación, Lara Méndez subliñou que a presentación deste libro “representa un paso moi notable na recuperación dun importante personaxe lucense que foi vítima dun esquecemento inxusto durante moitas décadas. Xesús Rodríguez López, médico, escritor, dinamizador cultural e cun compromiso político que o levou mesmo a ser concelleiro liberal deste noso Concello”. Así mesmo, a Alcaldesa lembrou a obra literaria en galego de Rodríguez López, así como o seu libro escrito en castelán, titulado Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares.

A Alcaldesa tamén tivo palabras para lembrar que o vindeiro ano se celebra o centenario do pasamento de Rodríguez López, así como para o propio autor, que traballa na transcrición e preparación de textos dalgunha obra inédita que deixou Xesús Rodríguez para a súa edición.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com