A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comeza coa chegada do bo tempo unha nova xeira de actividades culturais no Cemiterio de San Froilán. A primeira delas será un concerto da Banda municipal para conmemorar o Día do Pai, xa que o ano pasado foron as nais as agasalladas.
Este acto de homenaxe terá lugar o vindeiro xoves, día 19 de marzo, ás 12.45, e ademais da actuación da Banda contarase coa colaborarión no mesmo de nenos e nenas do CEIP Menéndez y Pelayo. Dende a Concellería de Servizos Xerais, preténdese consolidar o recinto do cemiterio como un centro municipal máis de actividades socioculturais organizadas polo Concello.
Trátase por un lado de potenciar a riqueza patrimonial do Cemiterio de San Froilán e o seu entorno e, tamén, se pretende contribuir a que se asuma con naturalidade o ciclo da vida, sempre con arreglo aos valores humanos inherentes ás persoas e con absoluto respecto polas crenzas de cada quen.