O Concello de Lugo conmemora hoxe, 30 de maio, o Día Mundial da Esclerose Múltiple, iluminando ao anoitecer a fachada da Casa Consistorial de cor violeta, co fin de visibilizar esta enfermidade.
A iniciativa, trasladada á alcaldesa de Lugo pola Asociación ALUCEM, pretende concienciar á poboación sobre a realidade que viven as persoas con esta doenza e as súas necesidades así como poñer en valor a importancia das redes de apoio e os beneficios do autocoidado.
O Concello, que tamén colabora cos actos organizados esa xornada pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple na Praza Maior, sumase ao obxectivo do colectivo de derrubar as barreiras sociais que xeran soidade e illamento entre as persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e á súa reivindicación de acadar mellores servizos.