O Concello impulsa a bioeconomía vinculada á castaña con obradoiros para mellorar a súa produción

O Concello de Lugo impulsa da man da Universidade e a través do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico a bioeconomía vinculada á castaña con talleres para mellorar a súa produción.

Entre esta accións está o desenvolvemento dun taller formativo sobre o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos que se organizará no novo pulmón verde LIFE na zona de As Gándaras, onde o Campus Terra da USC está investigando o potencial de producción da madeira como produto renovable, reciclable, neutro en termos de carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

A economía verde suporá para Lugo un revulsivo a nivel empresarial e industrial, transformando o modelo económico da cidade e xerando novos empregos verdes.

Estes obradoiros serán unha actividade aberta durante os meses de novembro e decembro a calquera persoa interesada en coñecer todo o proceso de coidado e poda dos castiñeiros galegos, de cara a mellorar e fomentar  súa produción de castañas, un dos valiosos recursos naturais de Lugo.

Haberá un total de oito citas, que se celebrarán os días 18 e 25 de novembro e os días 16 e 23 de decembro, en dous grupos: o primeiro de 16h a 17h e o segundo grupo, entre as 17h e as 18h.  Todos estes cursos serán impartidos por Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro agrónomo, e Juan Luis Fernández Lorenzo, doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor da USC, ambos membros do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse a través dun formulario dispoñible na web lugobiodinamico.eu, ata un máximo de 15 inscricións por grupo. Na inscrición deberán indicar a data e hora na que prefiren participar. No caso de choiva ou condicións meteorolóxicas que non permitan a realización da actividade, esta será cancelada.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 10:54 PM

    E coma sempre máis chiringuito. Pero si axente de antes que está desocupada sabe máis de eso durmindo, que os que van a facer que fan e cobrar unas boas retribucións. O de sempre non queremos!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com