O Concello impulsa a contratación dunha asistencia técnica para incrementar o control sobre as actividades económicas asentadas no municipio

Acadar a igualdade e a progresividade fiscal. Con este obxectivo o goberno local da cidade de Lugo pretende darlle impulso á inspección tributaria coa contratación dunha colaboración que axude aos servizos municipais nas tarefas de vixilancia, aumentando o seu rendemento e facendo aflorar a economía mergullada, combatendo a fraude. Un aspecto fundamental que, segundo sinalou a alcaldesa da localidade, Lara Méndez, ten máis transcendencia que nunca dado que o cobro dos impostos municipais supón o 60% dos ingresos do Concello.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local validará este mércores os pregos elaborados pola área de Tesourería para habilitar unha asistencia técnica, material e informática en inspección tributaria municipal que desenvolverá tarefas de apoio nos procedementos de xestión, sanción, resolución de recursos e na notificación levados a cabo polo Concello.te tempo, non recibimos nin un só euro doutras administracións para paliar as consecuencias da Covid”.

“Dende a administración local queremos seguir sendo o principal apoio das familias lucenses, especialmente daquelas nas que a crise sanitaria deixou nunha situación de maior vulnerabilidade, por iso precisamos ter garantidos os ingresos municipais, a través da recadación local, como principal ferramenta de financiamento das políticas socias do Concello”, afirmou Lara Méndez.

Este contrato de servizos, comprenderá a realización de actuacións preparatorias ou de comprobación, así como o desenvolvemento de traballo de campo e toma de datos.

“O contrato terá unha duración de tres anos, prorrogables en períodos anuais por outros dous até un máximo de cinco, nos que a empresa deberá, ademais, aportar o seu propio equipo de recursos humanos integrado, como mínimo, por un xefe ou delegado responsable, un técnico e un auxiliar administrativo así como aportar o local onde desenvolverán as súas funcións”, indicou Paula Alvarellos, titular da área económica do Concello.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Mai 18, 2021 - 11:36 PM

    É un pouco incomprensíbel. Haber si alguén mo pode explicar. Grazas!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com