O Concello edita 4.000 exemplares de cadernos de xadrez

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron este mércores, no CEIP Menéndez Pelayo os novos cadernos de xadrez para os nenos e nenas dos centros educativos públicos do municipio. Trátase dun novo instrumento didáctico, que actúa como reforzo ás clases de xadrez nos centros educativos e que pretende ensinarlle aos máis cativos este xogo, pero dun xeito ameno e divertido.

O Concello editou 4.000 exemplares deste cuadernillo, que foi realizado por 4 membros de Xaquedrum, e que a entidade local distribuirá de xeito gratuíto entre os alumnos que participaron nas campañas de pre-xadrez na escola e os cativos que asisten ás actividades extraescolares de xadrez, unha actuación que da resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

Manuel Núñez animou aos alumnos de educación infantil, que recibiron cadanseu exemplar deste caderno, a “iniciarse no xadrez, destacando os beneficios que aporta e os valores educativos da súa práctica, como a potencia da memoria, a mellora da capacidade cognitiva, a resolución de problemas ou a toma de decisións”.

Viñetas para colorear, gráficos da xogadas e a forma de mover as pezas son algunhas das actividades que se poden atopar neste libro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com