O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto ao Presidente do Comité Nacional de Hockey Liña, Xavier Chao, o Presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres, a Vicepresidenta do Club de Hockey Liña Meigas, Helena Méndez e a adestradora das categorías inferiores, María López, acompañados doutras autoridades, presentaron este mércores, no Salón de Plenos do Concello, a segunda edición da Copa Princesa Hockey Liña Feminino que terá lugar este sábado e domingo no Polideportivo Municipal Daniel Cordido.
Miguel Fernández destacou que “dende o Concello de Lugo e o Club de Hockey Liña Meigas, pioneiro deste deporte na cidade de Lugo, organizamos a Copa Princesa co fin de dar unha maior visibilidade e afianzamento desta disciplina que se atopa en auxe e continúa a medrar na nosa cidade”.
A Copa Princesa reunirá a cinco equipos da Liga Oro Feminina chegados de diferentes puntos da península, dous de eles lucenses e desenvolverase ao longo das xornadas do 28 e 29 de abril, nas que se disputarán os seguintes partidos.