O Concello impulsa unha campaña para reaproveitar os residuos orgánicos

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, o delegado de Urbaser en Lugo, Jaime Martínez, e o representante de Novotec Consultores, Jesús Cotelo, presentaron este xoves no Salón de Plenos a campaña Que che re-aproveite!, que pretende concienciar á cidadanía para evitar os desperdicios alimentarios.

Daniel Piñeiro explicou que esta iniciativa, organizada conxuntamente entre o Concello e a empresa Urbaser, ten como finalidade que os establecementos de hostalería sensibilicen sobre os residuos orgánicos que se producen, como os alimentos ou bebidas sobrantes, para que se aproveiten e non acaben sendo un residuo. A campaña de sensibilización levarase a cabo en 26 establecementos da cidade, que se adheriron á mesma, do 19 ao 27 de novembro, coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos. Este proxecto está apoiado pola iniciativa LIFE+ da Comisión Europea.

Pola súa banda, Jesús Cotelo dixo que “pretendemos facer fincapé tanto na redución dos alimentos que se pode tirar e plantexando como unha receita para reutilizar esa comida para preparar outros, como nos restos de servizo”.

Neste senso, Cotelo destacou que en España “o 32% dos residuos municipais son restos de alimentos, entre os que a hostalería tira o 14% e a cidadanía o 42% dos residuos alimentarios, polo que é moi necesaria a concienciación de toda a cidadanía e non só sobre os restaurantes, dos que hai estudos que determinan que o desperdicio de alimentos é de media dun 3.000 euros ao ano”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com