O Concello incrementa un 70% a achega para a Protectora de Animais e Prantas

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e a presidenta da Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo, Ángeles López Prado, mantiveron hoxe unha reunión para asinar un novo convenio de colaboración do Concello coa entidade, neste caso por importe de 105.000€, o que supón un incremento do 70% con respecto á achega municipal realizada ao inicio do mandato.

“Fixemos unha aposta importante para tratar de mellorar un servizo que consideramos moi importante, que cumpre unha función moi necesaria, incrementando o financiamento, dende os 35.000 euros aos 60.000 e agora ata os 105.000, unha cantidade, que con outras axudas que recibe doutras administracións, garante que a Protectora de Animais poida seguir en funcionamento e dando un servizo cada vez mellor”, explicou Daniel Piñeiro.

Segundo o convenio, a Protectora comprométese a levar a cabo a recollida dos animais domésticos abandonados ou extraviados no municipio, así como a súa acollida nas súas instalacións ata que sexan retirados polos seus donos, sexan acollidos temporalmente ou adoptados ou se lles dea outro destino autorizado segundo o establecido na Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com