O Concello inicia a reparación do firme na rúa Ángelo Colocci nº27

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos informaba esta mañá que darán comezo  esta semana as tarefas de reparacion do firme como consecuencia de dúas roturas na rede de abastecemento o pasado 5 de marzo. O concelleiro explicou que “é necesario realizar a reposición de pavimentos nas zonas afectadas”.

O edil de Medio Ambiente indicou que a zona máis afectada atópase na rúa Ángelo Colocci, a altura do número 27 desta vía. “Onde, o firme das escaleiras presentaba un afundimento, sendo preciso refacer unha parte das mesmas coa colocación dunhas novas pezas de granito como as existentes”.

Álvaro Santos explicou que “as tarefas de reparacion do firme con motivo das dúas roturas da rede de abastecemento, serán en primeiro lugar, na rúa Ángelo Colocci a altura do nº27, o recheo de gabía, reposición de pavimento en beirarrúa e renovacion das escaleiras de granito, así como a restitución dunha rexilla e canaleta no descanso superior da escaleira e na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, a execución da arqueta de acometida de abastecemento, incluindo a tapa de rexistro, recheo de gabía ademáis da reposición de pavimento de baldosa na beirarrúa”.

Para a execución das tarefas, Álvaro Santos, indica que serán precisos varios operarios coa axuda de medios auxiliares, maquinaria como unha pala retro e un compactador, así como os materiais necesarios para realizar un acabado como o existente na actualidade. Tamén se realizará o vallado das zonas afectadas, asi como a colocación da sinalización correspondente nos días previos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com