O Concello inicia a licitación do proxecto para humanizar a praza Agro do Rolo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este mércores unha xuntanza cunha vintena de veciños da Milagrosa, aos que lles trasladou os traballos que realiza o Concello para humanizar a praza Agro do Rolo. Nesta liña adiantoulles que se inicia hoxe o procedemento de licitación do proxecto para mellorar a estética desta praza que mide 4.235 metros cadrados, un proxecto do 2011, que foi revisado e actualizado á realidade actual.

Tal e como lles presentou a rexedora aos veciños, as tarefas, valoradas nuns 305.800 euros, contemplan unha zona de xogos cuberta, duns 230 metros cadrados, unha zona verde, ubicada no lateral da Praza, que consistirá na creación de tres camiños peoniles que comuniquen a praza coa rúa Anselmo Sanpedro, con bancos, e a zona central, onde o Concello, colocará bancos e mobiliario urbano e prantará árbores.

“Como dicimos sempre, Lugo facémolo entre todos, co impulso da súa xente. Hoxe retomamos un proxecto pensado para todos os lucenses. Trátase da humanización da praza Agro do Rolo, unha fantástica actuación deseñada por Orzoco, que en colaboración co Ministerio, buscaba recuperar os espazos para as persoas”, subliñou Méndez, ao tempo que facía fincapé no inicio do procedemento de licitación, que a entidade local fará con fondos propios ante a negativa doutras administracións de colaborar.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com