O Concello de Lugo iniciou as obras da renovación da rede de abastecemento no Paseo Álvaro Cunqueiro, no barrio da Ponte. O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, lembrou que se substituirán as tubaxes de fibrocemento existentes na actualidade por outras de fundición dúctil, co obxectivo de garantirlle unha óptima calidade no subministro aos veciños e veciñas da zona, dada a antigüidade de dita subministración. As tarefas, cun orzamento de 27.400 euros, contemplan tamén a reposición do pavimento afectado polas obras.
Manuel Núñez destacou a vontade do Concello de seguir mellorando as prestacións públicas, tanto de abastecemento como de saneamento, coa finalidade de disminuir as incidencias que se poidan ocasionar porque o sistema se quedara obsoleto.